Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Banda da Loba actuará no Grove este martes

Darío Portela / B. C. O GROVE / LA VOZ

O GROVE

cedida

O concerto terá lugar na praza do Corgo ás nove e media da noite

24 jul 2023 . Actualizado a las 18:04 h.

A Banda da Loba é unha agrupación musical formada por cinco mulleres e unha das formacións máis consolidadas no panorama galego actual. Mañá, Día de Galicia, ofrecerán o seu talento aos cidadáns do Grove na praza do Corgo, ás 21.30 horas. Este concerto forma parte do programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia.

Ca poesía e a lingua como referentes, Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana ofrecen composicións propias con letras tamén súas ou inspiradas nos poemarios de escritores clásicos e contemporáneos.