Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Unha decena de padexeiros arousáns pugnan por praza no Europeo de Maratón

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTECESURES

Hoxe é a quenda da distancia curta e na fin de semana a dos barcos en distancia estándar

25 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A temporada de piragüismo ofrece esta fin de semana a primeira gran cita da modalidade de fondo. O Campionato de España de Maratón, na localidade de Banyoles, Girona, serve antes e durante de selectivo para a confección do equipo español na primeira gran cita internacional do 2025, o Campionato Europeo, do 2 ao 8 de xuño en Ponte de Lima (Portugal).

Esta mañá, na véspera do Nacional, dilucidaránse os dous representantes nos catro barcos do maratón curto. Sobre unha distancia de 3.000 metros con dous porteos, son once os padexeiros do sur de Arousa que aspiran a entrar no equipo español: as deportistas do Náutico Pontecesures Candela Romero, Ainara Rodríguez e Sara Vila, no C1 Muller, Ángela Baúlde, do CP As Torres Romaría-Vikinga, no K1 Muller, Diego Romero e Tono Campos, do Breogán do Grove, Roque Manuel Araújo, do Náutico Pontecesures, e Diego Miguéns e Fernando Busto, do CP As Torres-Romaría Vikinga, no C1 Home, e os compañeiros de club destes dous últimos Izan Aliaga e Iván Alonso, no K1 Home.

Para as distancias estándar das categorías júnior, sub-23 e sénior, serán as finais do Campionato de España, o sábado as individuais e o domingo as de barcos dobres, as que determinen as dúas prazas na selección para o Europeo —unha no caso dos júniores—. O outro premio, un K1 home e un K1 muller para os World Games de Chengdu (China).