Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Dura misión do C.D. Ribadumia, que precisa endereitar o rumbo no campo do Estudiantil

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

23 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa o dixo na véspera do encontro que os enfrontou na primeira volta da fase de permanencia na Terceira División, o 28 de abril, mércores, en partido adiado por un caso de covid-19 nas filas rivais: «A Agrupación Estudiantil ten un dos mellores cadros de xogadores do grupo». Menos dun mes despois, o adestrador do C.D. Ribadumia, Luis Carro, mantén o dito antes do desprazamento do seu equipo a Santiago de Compostela para disputar no día de hoxe, a partir das seis da tarde no céspede artificial do campo de Santa Isabel, o seu segundo duelo co Estudiantil.

O choque chega co cadro ribadumiense precisando reverter a súa mala xeira de resultados, con dúas derrotas e un empate encadeados que o deixan con 36 puntos, afastándoo a 3 e o goalaverage do C.D. Barco, actual inquilino da cuarta e última praza de permanencia. O Estudiantil, pola súa banda, é oitavo con 30. 

Luis Carro recupera a Óscar Martínez, a Paco e mais a Cerqueiras, pero perde a Giráldez e a un Santi castigado con tres partidos polas súas protestas pola súa expulsión a semana pasada.