Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O grupo Alecrín premiado como «ribadumiense a prol do galego»

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

cedida

A compañía teatral recibiu o galardón nunha gala celebrada o domingo. Somos Ribadumia critica que non se lle invitara ao acto

09 nov 2021 . Actualizado a las 14:16 h.

Por fin puido celebrarse este domingo a gala «Ribadumienses en prol do galego» na que o Concello premia a un colectivo pola súa aposta polo idioma e reúne aos veciños arredor da música. Nesta edición o galardoado foi o grupo de teatro Alecrín, que leva dúas décadas contribuíndo a promocionar a cultura galega desde o seu pobo.

O acto non estivo exento de polémica. Somos Ribadumia denuncia que non foron convidadas nin as forzas políticas municipais nin os colectivos culturais do Concello. «Esta falta de respecto institucional supón un novo chanzo na carreira de David Castro por desfacer todo o traballo ben feito durante a lexislatura pasada, volvendo a transformar un evento social e neste caso cultural, nun evento de propaganda política», engade Somos.