Ribadumia abre a oferta de emprego para os contratos da Festa do Tinto

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Martina Miser

 O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 15 de maio

17 abr 2024 . Actualizado a las 15:26 h.

O Concello de Ribadumia publicou unha oferta de emprego para a LI edición da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas co fin de dispor do persoal preciso para atender aos clientes na carpa de venta de viños da festa. Serán contratacións a tempo completo desde o venres 31 de maio ata o domingo día 2 de xuño.

As persoas interesadas, deberán ser maiores de idade e valorarase a experiencia previa no sector hostaleiro. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 15 de maio e as candidaturas pódense formalizar a través dun formulario que está dispoñible nas oficinas municipais ou descargando na web do Concello.

Por outra banda, o Concello convocou unha nova edición do concurso de camisetas da festa no que poderán participar as «peñas» compostas por un mínimo de cinco membros. Os concursantes non poderán presentar máis dunha camiseta, o prazo remata o 16 de maio e hai 350 euros en xogo; o gañador do concurso levará 200 euros, o segundo premio, 100, e o terceiro, 50 euros.

Para participar deberá presentarse nas dependencias do Concello un exemplar da camiseta impresa. As bases poden consultarse na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.