O Concello de Ribadumia executa melloras no acceso ao lugar de Outeiro

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

O firme rexistra continuos anegamentos e tiña un ancho escaso

23 may 2024 . Actualizado a las 12:08 h.

O Concello de Ribadumia executou, a mellora do camiño de acceso ao lugar de Outeiro, cun orzamento de preto de 50.000 euros ao abeiro do Plan Concellos da Deputación.

«As obras pretenden dar unha adecuada funcionalidade a un camiño de titularidade municipal, o cal se ve afectado por continuos anegamentos sobre o firme e polo seu escaso ancho que dificultan o paso a vehículos e persoas», segundo informa o goberno local.

A solución adoptada foi realizar muros de contención en pedra para ampliar o firme asfaltado ata a liña de peche das leiras, tamén pavimentar a zona por onde discorre a nova rede de pluviais, aplicando unha pendente, de tal forma que se dirixan as augas de chuvia cara á rede soterrada de recollida de pluviais de nova creación.