Colocaranse polas parroquias atendendo ás demandas veciñais, segundo informa o Concello
30 sep 2024 . Actualizado a las 17:06 h.O Concello de Ribadumia vén de adxudicar un contrato de subministración de taboleiros informativos para varios puntos do municipio grazas aos fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O custe da operación é de de 5.711,20 euros, ive incluído.
Revisados os taboleiros informativos existentes, «observouse a necesidade de proceder á substitución de varios que se atopan en mal estado, debido a que o material do que están feitos (madeira) se atopa en malas condicións, resultado da acción dos axentes atmosféricos», segundo explica o goberno local.
Colocaranse oito taboleiros repartidos xeograficamente polas parroquias, atendendo ás demandas veciñais. Respectarán o mesmo formato actual, «homexeneizando deste xeito os soportes informativos, respectando a estética do rural non so co seu deseño senón tamén cos seus materiais e cores», indican as mesmas fontes. «Cremos que se trata dunha medida para fortalecer a participación e implicación do pobo e mellorar a imaxe do noso municipio».