O xurado dará a coñecer no evento o nome dos gañadores das quince categorías
18 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O xurado da sétima edición da Gala do Deporte de Ribadumia fixou para o sábado 26 de outubro, a partir das 19 horas no Auditorio Municipal, a celebración da gala na que se desvelarán e entregarán os galardóns das quince categorías establecidas nesta edición. O evento contará coa actuación musical do grupo Algo pasa con Mary.
Os nomes dos gañadores sairán das candidaturas presentadas, que o xurado da Festa do Deporte peneirou na noite do pasado mércores. Un xurado composto polo concelleiro de Deportes, un técnico municipal en calidade de secretario, un delegado de cada un dos grupos políticos con representación municipal, gañadores da distinción Mérito Deportivo das anteriores edicións e representantes especializados en deportes dos medios de comunicación con maior difusión da comarca.