Será dentro do programa do Ciclo Mestre Mateo
30 oct 2024 . Actualizado a las 13:51 h.O auditorio municipal de Ribadumia acolle este venres unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, ás 21 horas exhibirase o filme Matria, dirixido por Álvaro Gago e protagonizado por María Vázquez, Soraya Luaces, E.R. Cunha Tatán, Susana Sampedro e, entre outros, Santi Prego.