![](https://img.lavdg.com/sc/vGKye08fHVab7kVKjQH6ax8BwpQ=/480x/2024/11/14/00121731573468021132236/Foto/67.jpg)
O novo peche ten unha lonxitude de 29,60 metros e unha altura de entre 0,5 e 1,5 metros
14 nov 2024 . Actualizado a las 09:39 h.O Concello de Ribadumia rematou as obras do peche lateral do Centro Rural Agrupado (CRA) de Ribadumia. Unha intervención orzamentada en 10.875,01 euros e destinada a darlle unha correcta solución ao peche do recinto escolar e garantir a seguridade dos seus usuarios tras analizar o seu estado anterior. O novo peche ten unha lonxitude de 29,60 metros e unha altura de entre 0,5 e 1,5 metros.