A Deputación aprobará o luns tres proxectos por 400.000 euros para Ribadumia
RIBADUMIA

As obras beneficiarán ás parroquias de Sisán en Lois
14 abr 2025 . Actualizado a las 16:49 h.O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, advanzoulle onte ao alcalde de Ribadumia, David Castro, a aprobación na Xunta de Goberno dos luns de tres proxectos ao abeiro do Plan +Provincia valorados en case 400.000 euros. «Unha nova mostra do apoio que a Deputación presta aos concellos para mellorar as súas infraestruturas», indicou o presidente tras a reunión co rexedor.
O primeiro dos proxectos está relacionado coa mellora do camiño municipal e redes de pluviais e saneamento no núcleo de Barroso, na parroquia de Sisán, valorado en 124.480 euros; o segundo céntrase na ampliación e mellora da servizos no Lugar da Cruz, na parroquia de Lois, por un importe de 119.750 euros; o terceiro corresponde á mellora de camiños municipais na parroquia de Lois por valor de 143.400 euros.