As embarcacións tradicionais volven este sábado ao río Ulla na homenaxe a Rosalía

b. c. VILAGARCÍA / LA VOZ VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

A singradura de Inchadiña Branca Vela sairá ás tres da tarde en Valga e rematará ás sete en Padrón

22 jul 2021 . Actualizado a las 16:36 h.

Non corren bos tempos para a navegación en embarcación tradicional. A pandemia tamén obrigou a aparcar o calendario de regatas e encontros, pero o que non faltará é a homenaxe da Inchadiña Branca Vela a Rosalía de Castro que se organiza cada verán por estas datas. A singradura, que toma o seu nome dun verso de Cantares Gallegos, sairá ás tres da tarde de Valga acompañada de dornas, unha buceta, gamelas, galeóns, un volanteiro, un carocho e un bote de Ribadeo, barcos chegados todos eles das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa e Ribadeo ademais do porto de A Guarda.

O percorrido será o habitual. A comitiva subirá ás tres da tarde desde a praia fluvial de Vilarello ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía de Castro diante da súa estatua nesta vila. A continuación, ás 19 horas haberá un concerto do grupo portugués Canto d’Aqui na praza de Macías, como peche das Converxencias Galicia-Portugal. O acto do sábado está organizado pola Fundación Rosalía de Castro e a asociación cultural Dorna da Illa de Arousa coa colaboración dos concellos de Padrón, Dodro y Valga.

O acto da Inchadiña Branca Vela celebrouse por primeira vez o ano 2013 co gallo da conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares GallegosXa só falta que o sábado non chova e a travesía poida celebrarse segundo o previsto.