Valga estrea obradoirode emprego mentres Cambados clausura o seu

La Voz VALGA / CAMBADOS / LA VOZ

VALGA

Acto inaugural do obradoiro de emprego de Valga
Acto inaugural do obradoiro de emprego de Valga CEDIDA

A conselleira Elena Rivo asistou hoxe á inaguración do obradoiro Xóvenes Moraña-Valga 2

04 oct 2023 . Actualizado a las 15:39 h.

Os obradoiros de emprego seguen de actualidade por un dobre motivo; uns rematan e outros empezan, e entre estes últimos sitúase o que inaugurou este mércores a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, en Valga. Trátase do obradoiro Xóvenes Moraña-Valga 2, no que un total de 16 persoas menores de 30 anos recibirán formación nas especialidades de traballos forestais e albanelería.

A Xunta de Galicia inviste nesta actividade 400.000 euros co obxectivo de formar durante 12 meses mozos mozos menores de 30 anos en especialidades con demanda na súa contorna.

A conselleira destacou o papel que xogan os obradoiros porque, ademais de brindar oportunidades laborais ás persoas participantes, engaden valor ás contornas mediante a realización de obras e prestación de servizos. Neste caso, as actuacións a desenvolver permitirán realizar melloras forestais e de acondicionamento de tramos do Camiño e espazos naturais destacados, así como a posta en valor de patrimonio cultural nos dous municipios.

Acto de clausura do obradoiro de Cambados
Acto de clausura do obradoiro de Cambados

Pouco despois da estrea en Valga, en Cambados clausuraban o seu obradoiro de emprego coa entrega dos diplomas aos vinte alumnos que se formaron no último ano nas modalidades de albanelería e carpintería. O alcalde, Samuel Lago, agradeceulles o traballo feito que permitiu restaurar un lavadoiro en Oubiña, arranxar as pasarelas do paseo de A Seca e acondicionar a nova sede da policía local no edificio de A Merced. «Obxectivo cumprido, aprendéchedes, traballáchedes e estamos moi satisfeitos», indicou o rexedor. O acto tamén contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Antonio Rodríguez e o equipo directivo do obradoiro.

Cambados pecha o obradoiro agardando por unha nova edición desta modalidade formativa para o vindeiro ano.