O pasado xaneiro acodeu á inauguración dunha exposición das súas manualidades
14 nov 2024 . Actualizado a las 16:22 h.Valga despide á segunda persoa máis lonxeva do municipio. Trátase de Manuela Duro Fernández, veciña de Casal de Eirigo, que faleceu onte aos 101 anos de idade. O Concello trasladou as condolencias da institución e da veciñanza á familia. Manuela recibe esta tarde sepultura na igrexa parroquial do Divino Salvador de Setecoros. Nada en Cuntis pero casada en Casal de Eirigo, Manuela Duro foi «exemplo de muller traballadora e de persoa con carácter vitalista», sinalan desde o Concello. Exerceu como modista ao tempo que atendía o fogar e traballaba as terras. Ademais, foi afeccionada ás artes plásticas e ás manualidades chegando a expoñer a súa obra o pasado xaneiro en Valga.