Valga contrata por 366.188 euros o peche da antiga mina de Porto Piñeiro

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

O obxectivo é convertir este espazo nun lugar de lecer e nunha aula de natureza

16 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

As obras do peche perimetral da antiga mina de Porto Piñeiro, en Valga, iniciaranse proximamente logo da adxudicación do proxecto á empresa Covsa, cun orzamento de 366.188,60 euros. O obxectivo é garantir a seguridade na contorna da lagoa, completando os 900 metros do perímetro que carecían de valado. O peche, de 1,20 metros de altura, será de madeira tratada e formigón prefabricado con acabado que imita a madeira, minimizando o impacto visual e adaptándose á paisaxe.

Esta actuación insírese no plan de recuperación integral da antiga mina, valorado en máis de 14 millóns de euros. Entre os proxectos destacan a creación dunha zona de baño ao aire libre con praia artificial e piscina, unha área de lecer con xogos, zonas deportivas, unha cávea natural con escenario flotante e cabanas para aloxamento. Na primeira fase, executada no 2023 cun investimento de máis de 500.000 euros, habilitáronse carrís bici, sendas peonís, mobiliario urbano, un parque infantil e zonas verdes con especies autóctonas.

O Concello de Valga tamén conta con subvencións por un importe de 1,2 millóns de euros para seguir avanzando no proxecto, cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra e os fondos europeos Next Generation. Esta iniciativa promove a recuperación sustentable e o uso cidadán dun espazo transformado en área de lecer e natureza.