O BNG de Valga denuncia o mal estado dos campos de fútbol de Campaña e pide o seu arranxo
VALGA
Afirman que hai deficiencias no terreo de xogo, nos vestiarios, no marcador e no aparcamento
14 ene 2025 . Actualizado a las 15:32 h.O BNG de Valga pide unha solución urxente «as graves deficiencias» dos campos de fútbol de Campaña ao tempo que acusa ao goberno local de facer abandono das súas funcións ao non ter realizado traballos de mantemento regulares dunhas instalacións que son utilizadas semanalmente por ata 18 equipos e máis de 200 persoas, gran parte deles rapaces.
O Bloque denuncia que os campos de fútbol teñen unha superficie de xogo impracticable, «totalmente compactada e dura, o que provoca problemas para a práctica deportiva, ademais de que a drenaxe perimetral atópase saturada, polo que en días de chuvia prodúcense empozamentos, o que provoca que soamente se poida usar este campo con días secos», din respecto do campo máis antigo.
«Respecto dos vestiarios, ambos os dous atópanse en malas condicións, con humidades, mofo e sen calefacción. O marcador foi quitado non seu momento para ser arranxado, mais non volveu, polo que na actualidade non hai un indicador de tempo e resultado. As prazas de aparcamento existentes son insuficientes para acoller a todos os coches que na fin de semana se desprazan até estes campos de fútbol». engade o BNG.