San Paio saíu onte en procesión con San Roque e San Antón
25 ene 2025 . Actualizado a las 18:17 h.San Paio, en Valga, celebrou este sábado a súa festividade e fíxoo, como marca a tradición, acompañado por San Roque e San Antón, que durante a mañá percorreron con el os arredor de catro quilómetros que separan a igrexa de Cordeiro da capela de Vilar. Nesta ficarán as tres imaxes ata o día da Candeloria, o 2 de febreiro, cando emprenderán o camiño de regreso ao templo parroquial. Desta volta, farano protagonizando unha das citas etnográficas máis interesantes da zona, a Procesión dos Lacóns.