O Concello de Valga convoca o premio Xesús Ferro Couselo con 7.000 euros para os gañadores
VALGA

Os aspirantes a calquera das dúas modalidades deben presentar os seus traballos antes do 30 de abril
06 mar 2025 . Actualizado a las 09:22 h.O Concello de Valga, «co obxectivo promover e incentivar os estudos actuais de investigación no campo das ciencias históricas», vén de convocar un ano máis o Premio Xesús Ferro Couselo co que homenaxea a unha das figuras máis insignes da vila. Os traballos que opten a este premio, en calqueda das dúas modalidades, deberán ser presentados antes do 30 de abril.
Á primeira das modalidades, dotada cun premio de 4.000 euros, diríxese a traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte. As obras deben estar escritas en galego, ser inéditas e non deben ter obtido ningún premio anteriormente. A extensión mínima será de 50 folios e a máxima de 300.
A segunda modalidade é unha bolsa de estudos para proxectos sobre temas históricos, etnográficos ou sobre persoeiros de Valga. Os participantes deben presentar un guión razoado no que detallen os obxectivos que pretenden acadar co traballo, a metodoloxía a empregar e as distintas fases. A bolsa está dotada con 3.000 euros; o 25% entregarase fallado o premio e o 75% restante ao remate do traballo.