II Maquinario presenta «Perplexo» en el auditorio
19 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado 20?? Auditorio????Non o dicimos nós. Dixérono os premios María Casares. Cinco recaeron o ano pasado nesta montaxe de Il Maquinario Teatro. Entre eles, o de mellor espectáculo e o de mellor dirección para Tito Asorey
Il Maquinario representa, quizá mellor que ninguén, a esa nova xeración de compañías teatrais que están a renovar, e de que xeito, a escea galega. Tanto os actores como o director proveñen da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e con tan só dúas montaxes -O home almofada e este Preplexo- consolidáronse como o principal e máis refrescante referencia do teatro galego. Dentro e fóra. Porque se algo está chamando a atención do que está a acontecer con Il Maquinario é a aceptación que está a ter no resto do Estado.
Pregúntolle a Tito Asorey que dicimos para levar á xente ao teatro á Vilagarcía. «Home, pois que é unha comedia enormemente divertida, sorprendente e dinámica, que entronca co humor absurdo ao estilo de Woody Allen ou os Monty Python», dime.
E engade, «é unha comedia que busca reflectir a vertixe do mundo actual, as dificultades para atopar unha identidade propia entre tanta sobreinformación, que pon en dúbida todo o que antes dabamos por seguro». Pois dito queda.