O Ana Vidal continúa a caída en barrena

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

As de Nando perderon 4-0 co Sárdoma

14 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cunha contundente derrota por 4-0 a mans do Sárdoma, o Ana Vidal Atlético Arousana dicía o pasado domingo practicamente adeus á Segunda División, a categoría de prata do fútbol feminino español.

Un novo mal inicio de partido custoulles ás de Nando González un gol tempraneiro, no minuto 3, co Sárdoma poñendo o 2-0 só 8 despois de penalti por unha man da capitana, Carolina, ao impactarlle o esférico no brazo que tiña pegado na proxección do seu corpo.

Ao Sárdoma bastoulle con contemporizar o xogo ante un Atlético Arousana sen recursos ofensivos, e aproveitar as súas ocasións con goles de Laura Martínez, no 60, e de Tania Penedo, no 88.