
A empresa pública habilita un espazo de recollida para as cartas dos máis pequenos na súa oficina da capital arousá ata o 5 de xaneiro
21 dic 2019 . Actualizado a las 19:54 h.Correos informou onte de que ata o 5 de xaneiro os nenos que o desexen poderán depositar as súas cartas aos Reis Magos no buzón especial que instalou na súa oficina de Vilagarcía na rúa Alcalde Rey Daviña. Unha medida coa que, explican desde a empresa pública, pretende contribuír ademais á práctica da escritura entre os máis pequenos das casas.