A comunidade escolar presentará tres estruturas ao certame deste ano en Vilagarcía
30 abr 2022 . Actualizado a las 19:55 h.Aínda que sobrepoñerse a toda unha maquinaria cultural de primeira orde, como é a anglosaxona á hora de difundir os seus produtos, non sexa nada doado, os municipios que conforman o territorio de Arousa seguen a recibir o mes de maio coa auténtica celebración vexetal galega. Que non consiste nese abeto que se cola en todas as casas coincidindo coas festas do Nadal, senón nas decoracións que nesta vella fin do mundo conmemoran aínda a chegada da primavera.
O colexio de Rubiáns, participante no programa Voz Natura, presenta ao certame de Vilagarcía tres maios. Un na categoría de obra artística titulado Sabela a menina, no que colaboraron os rapaces de catro e cinco anos. Un segundo na modalidade de caixa, que elaboraron os nenos de educación primaria. E un cono no que cooperou o colexio enteiro. Coa colaboración das familias, a asociación de nais e pais de alumnos fixo o barco e a cruz.