Rañó reivindica o traballo dos fotógrafos que teñen documentado as tradicións carrilexas
21 jul 2023 . Actualizado a las 09:54 h.Nestes día presentouse con grande expectación e presencia de autoridades da cultura progresista e popular da vila una magnifica publicación sobre a historia e evolución da Farsa de Carril, a Danza das Espadas e as músicas que a acompañaron durante os dous derradeiros séculos documentadas con gran criterio polos autores, o músico Cristián Silva e o mencionado ghaiteiro Carlos Rey.
A publicación A Farsa do Carril conta tamén con una gran cantidade de fotografías realizadas polos fotógrafos que documentaron co seu traballo parte da historia e cultura carrilexa. Entre eles, meus pais José e Rosita Rañó, que montaron o seu primeiro estudio de fotografía, Foto Rañó, na Avenida Rosalia de Castro, en el número 193, en Carril. Estivo aberto dende os anos 60 ata finais dos anos 90, casi corenta anos fotografando Carril e a farsa, e delo dan fé todolos veciños e o inmenso legado de imaxes que habita nos albumes de fotografías da cada familia carrilexa e tamén vilagarcían.
Nembargantes, para nada aparecen o seus nomes nese libro como autores das fotografías que o documentan. Iso si, faiados da memoria, editores, técnicos, políticos, arquivos fotográficos familiares e museísticos, e unha manchea de figurantes, mesmo a veciñanza de Carril, vense recoñecidos nesa publicación coa falla e pouco rigor informativo dos autores do libro e do editor, o Concello de Vilagarcía, ao nón facer mención ninguna sobre os autores históricos desas fotografías.
Dende estas liñas e xa que, inmerecidamente, non figuran no libro, pido o debido respecto e o recoñecemento para todolos fotógrafos que permitiron documentar co seu traballo, incluido eu mesmo, esa magnifica publicación. Na honra dos meus país José Rañó e Rosita, fotógrafos, sempre na memoria de todolos carrilexos e vilagarcíáns.
Porque tamén nesta ocasión, «una imaxe vale tanto ou máis que mil palabras».