Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Chupinazo do Rosario en Vilaxoán cos Mozos de Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Mónica Irago

As festas continúan ata o luns con alboradas, misas cantadas e verbenas

08 oct 2023 . Actualizado a las 12:01 h.

As festas do Rosario xa están en Vilaxoán. Raúl Vila e os irmáns Borja e Raúl Santamaría, os televisivos Mozos de Arousa, foron os encargados de dar o chupinazo co seu pregón dende a praza Rafael Pazos, logo da subida da imaxe da virxe. O programa de hoxe marca alborada coa banda de Ribadumia, Os Terribles de Arousa e Alambique, misa cantada polo coro Máximo Patiño, procesión ás oito dende a igrexa ata o peirao, lumes de artificio e verbena con América de Vigo e Gran Parada.