![](https://img.lavdg.com/sc/HzBZs4r0Jd8bq-cI_JFL3GHkQGg=/480x/2024/03/18/00121710784561530507852/Foto/A_20240126_184211000.jpg)
A vilagarciá caeu 6-3 e 6-1 coa veterana estadounidense Emina Bektas
18 mar 2024 . Actualizado a las 19:03 h.A estrea de Jéssica Bouzas Maneiro no Miami Open presented by Itaú resultou fugaz. A vilagarciá, que fixo a súa segunda viaxe transoceánica do ano co reto de poder avanzar por primeira vez nun torneo WTA 1.000, o chanzo inmediatamente inferior ao dos grand slams, viuse apeada na primeira rolda do cadro da previa pola veterana Emina Bektas. Unha hora e 13 minutos bastáronlle á estadounidense de 30 anos para superar a galega en dous sets: 6-3 e 6-1.
As outras dúas tenistas españolas no cadro da previa de Miami, Bassols e Masarova, correron idéntica sorte, perdendo respectivamente 6-1 e 6-2 con Timofeeva e 6-4 e 6-4 con Sramkova. Bouzas volve a España para ultimar o inicio da temporada terra, en abril.