Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Deputación reafirma o seu apoio á asociación Autismo Bata durante a visita á súa sede

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O presidente provincial, Luis López, e a deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, coñeceron in situ o traballo da entidade

02 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, visitaron onte as instalacións da sede da Asociación Autismo Bata de Vilagarcía de Arousa. Un percorrido no que ambos os dous representantes do ente provincial puideron coñecer de primeira man o traballo que os profesionais de Bata realizan cos preto de 65 usuarios do centro, xunto coas necesidades que este ten.

Luis López louvou o labor da entidade vilagarciá a prol da inclusión social das persoas que presentan algún tipo de trastorno do espectro autista (TEA), e aproveitou a visita para reiterar o compromiso da Administración que preside de continuar apoiando as iniciativas de Bata, como o seu programa de apoio en contextos naturais dirixido a persoas con TEA, ás súas familias e a centros educativos.

Iluminación en Vilagarcía

Noutra orde de cousas, o Concello de Vilagarcía iluminou onte á noite e durante o día de hoxe de azul o Obelisco e as fontes das prazas de Galicia e da Independencia, sumándose ao Día Mundial da Concienciación do Autismo, o 2 de abril, que persegue a inclusión social das persoas con TEA.