Charla sobre os perigos do alcol e as drogas, o día 2 en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Será impartida por José Manuel Lustres Palmeiro, axente da Garda Civil

27 abr 2024 . Actualizado a las 09:37 h.

«Alcol e outras drogas: consumo, perigos e consecuencias». Con este título celébrase o vindeiro 2 de maio ás 20 horas unha charla informativa no auditorio municipal de Vilagarcía organizada pola Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía (Areva). Será impartida por José Manuel Lustres Palmeiro, axente da Garda Civil, e vai dirixida a poboación en xeral. A entrada será libre e gratuíta. Con esta actividade, Areva continúa a súa campaña para informar e sensilizar a sociedade das consecuencias negativas do consumo abusivo de alcol e outras drogas.