A Illa ofrece en setembro varios cursos do programa «Reconstruíndo»

Raquel Cocaño, B.C. A ILLA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONIA IRAGO

As actividades desenvolveranse os días 3, 10, 17, 24 e 30 nas casas modernistas

22 ago 2024 . Actualizado a las 18:06 h.

A concellería de Igualdade da Illa de Arousa vén de presentar un novo programa baixo o título Reconstruíndo. Esta actividade consiste nunha serie de formacións destinadas a persoas adultas para que aprendan novas formas de conciliación e ferramentas para un reparto máis igualitario da crianza e da convivenza.

Ditas actividades organizaranse os días 3, 10, 17, 24 e 30 de setembro (todos os días ás 19 horas), baixo os nomes de:Reconciliando Xéneros (Parte 1 e 2), O Uso dos Tempos (parte 1 e 2) e Entrega de Ferramentas, respectivamente. As formacións tomarán lugar no primeiro andar das casas modernistas, na Illa de Arousa.

A inscrición pode realizarse vía telemática polas canles do Concello.