O Cortegada retrasa o seu partido semanal á mañá do domingo
VILAGARCÍA DE AROUSA
Recibe o Talenom Boet Mataró, co que figura empatado a dúas vitorias
26 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A cuarta xornada da Liga Femenina 2 verá o Mariscos Antón Cortegada en acción no Pavillón Municipal Sara Gómez de Fontecarmoa. Só que en vez de no seu habitual horario das sete da tarde do sábado, na mañá do domingo, a partir das doce.
A razón do cambio obedece, como en boa parte destes casos, ao acordo amigable que os clubs da terceira categoría do baloncesto español establecen para mover horarios de cara a facilitar os desprazamentos máis longos e de maior custe. Neste caso, co Talenom Boet Mataró como segundo implicado no partido.
Os afeccionados vilagarciáns teñen ante si un atractivo encontro, con dous equipos que chegan á cuarta xornada empatados con dúas vitorias e unha derrota e competindo entre si por ser o primeiro que cruce a pasarela á zona de fase de ascenso, co Mataró quinto e o Cortegada sexto. Unha boa ocasión para ver, fronte a fronte, a dúas das mellores tiradoras da competición, a local Cris Loureiro e a visitante Sonia Sardá.