Os concertos de «Entradiñas de Aninovo» chegan a Vilagarcía, Ribadumia e Valga
VILAGARCÍA DE AROUSA
Trátase dun programa organizado pola Deputación de Pontevedra
13 dic 2024 . Actualizado a las 12:47 h.A Deputación de Pontevedra programa Entradiñas de Aninovo, un ciclo de 17 concertos en espazos culturais e patrimoniais dos concellos da provincia cun repertorio clásico, tradicional e popular para desfrutar do Nadal en familia que se desenvolverá entre decembro e xaneiro. O ciclo ten varias paradas na comarca.
O coro Tolemia’s Consort actuará en dúas ocasións, o sábado 28 de decembro na igrexa Novo Templo de Sanxenxo ás 20.30 horas e na igrexa do convento de Vista Alegre de Vilagarcía o venres 3 de xaneiro.
O Ballet de Galicia ofrecerá dúas actuaciones no Salnés, o sábado 11 de xaneiro no auditorio municipal de Valga ás 19 horas e o domingo 12 de xaneiro no auditorio municipal de Ribadumia, tamén ás sete da tarde.
O ciclo Entradiñas de Aninovo é unha actividade posta en marcha pola Deputación de Pontevedra por vez primeira este ano e conta cun orzamento de 60.000 euros. A entrada aos concertos e de carácter gratuíto.