
Cuestións persoais levan ás súas integrantes, que organizarán un derradeiro bingo, a renunciar á organización da Virxe do Carme e do Rosario
02 abr 2025 . Actualizado a las 19:37 h.Malia constituír unha das agrupacións máis activas de cantas funcionan en Vilagarcía, a comisión que organiza as festas da Virxe do Carme e do Rosario en Vilaxoán vén de anunciar a súa disolución a través das súas redes sociais.
As razóns polas que a comisión deixa de existir está relacionada con diferentes situacións de tipo persoal que están a vivir as súas constituíntes. «Grazas a todas as empresas, casas comerciais e os particulares polo seu apoio estes anos», aseguran, para confirmar que están pendentes de organizar un bingo co que saldar as últimas débedas.