Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Vicente e Abella, no Top 10 do Campionato de España Cadete de Salvamento

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

cedida

15 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Natación e Salvamento Vilagarcía contou a pasada fin de semana en Bétera, Valencia, con dous participantes no Campionato de España de Salvamento y Socorrismo Cadete de Primavera. E tanto Anne Vicente coma Carlos Abella volveron con varios postos destacados.

Sobre todo, os da proba dos 200 metros obstáculos, na que Vicente foi sexta na final feminina e Abella oitavo na masculina. Ela rematou tamén entre as dez mellores dos 50 remolque, batendo o récord galego. As súas actuacións en Bétera incluíron ademais o décimo terceiro posto de Vicente e o décimo quinto de Abella nos 200 supersocorrista.