Foi unha carreira benéfica
13 ago 2024 . Actualizado a las 12:58 h.Onte tivo lugar unha carreira benéfica en Vilanova de Arousa para os nenos de entre 3 e 13 anos de idade en beneficio da protectora de animais. Varias ducias de nenos percorreron as rúas do municipio, pasando por diante de diversos recintos relevantes nestes días, como son a zona da festa do Mexillón e o sitio onde se atopa a feira de oportunidades. Organizados en varios grupos, os rapaces saíron pasadas as 10.30 horas de diante do Concello de Vilanova. foto MÓNICA IRAGO