Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os concellos seguen a tradición

La Voz

BARBANZA

21 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Os concellos de Barbanza, Muros e Noia seguen a tradición de montar beléns de gran tamaño en lugares céntricos das súas vilas nos que o viñeron facendo desde hai varios anos, para que poidan recibir o maior número de visitas. Tan só o de Ribeira mudou a súa localización habitual diante da casa consistorial para o atrio da igrexa de Santa Uxía. A Concellería de Medio Ambiente de Lousame organizou para mañá a partir das 9.30 horas unha ruta de sendeirismo de oito quilómetro que culminará na fervenza de San Xusto coa colocación dun nacemento no cumio.