Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Araño, Arañade, Rabuño e Rabuñade

Alberto Piñeiro

BARBANZA

30 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Para os máis escépticos lembro que, malia non documentarse ningún lugar chamado *Rabuño na nosa xeografía, si atopamos cadanseu Rabuñade en Vilanova, Ribadumia e Ponteareas. Non ocorre o mesmo con *Arañade, termo ausente por completo na toponimia galega, na que si se testemuña a presenza do Araño que coñecemos; porén, tampouco resulta imposible imaxinar que nalgures, noutro tempo, existise ou chegue a existir un *Rabuño, incluso entre Taragoña e Dodro, que xustifique a información dos horarios da liña de autobús Ribeira-Santiago que está colgada na web da empresa Arriva (www.arriva.es, versión en galego). Agora ben, se teñen que desprazarse á capital compostelá en autobús, a recomendación é que vaian por Rianxo mellor que por *Rabuño, malia que na táboa dos horarios se diga que por este o traxecto é máis curto, pois o vehículo nunca chegará a *Rabuño.