Manuel Castiñeira é un autónomo do sector da alimentación que vive e traballa en Friol. Este é o oitavo ano consecutivo que vén veranear a Boiro.
-¿Por que elixiu Boiro como destino turístico?
-A primeira vez que viñemos foi de casualidade, daquela aínda estaba solteiro. Gustoume o sitio e o ambiente e decidín repetir. Agora, unha vez casado, veño con toda a familia.
-¿Cantos días adoita pasar na localidade?
-Ao principio adoitaba estar unha semana cos amigos. Agora, xa con familia, quedamos todo o mes de xullo, xa que intentamos aproveitar ao máximo praia polos nenos.
-¿Onde se hospeda?
-Hai sete anos que alugamos o mesmo piso entre dúas familias. Co propietario quedamos dun ano para o outro. A verdade é que estamos contentos, porque un bo piso é unha alternativa máis barata ca un hotel e máis cómoda cá un cámping.