Os nenos do colexio de Nebra estreáronse no concurso Ecovoz

Ribeira / la voz

BARBANZA

Os alumnos participantes, no estudio de Radio Voz Barbanza.<span lang= es-es > </span>
Os alumnos participantes, no estudio de Radio Voz Barbanza. C.?q.< / span>

Participaron na primeira eliminatoria do Ecopreguntoiro nos estudos de RadioVoz

09 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A experiencia do colexio de Carballedo (Cotobade) no concurso tivo máis forza que as ganas do Sobrado de Nebra (Porto do Son), xa que os nenos sonenses estreábanse onte nos estudos de Radio Voz Barbanza. Na súa quinta participación, o centro pontevedrés impúxose por 8-5 na que foi a primeira eliminatoria do Ecopreguntoiro, o concurso medioambiental de Ecovoz.

Na segunda quenda de preguntas, os do Carballedo aproveitaron o rebote dos cativos de Porto do Son e conseguiron unha vantaxe de dous puntos que se vería ampliada trala pregunta rápida. De feito, os alumnos de Cotobade non deixaron escapar ningún tanto e, desta maneira, fanse coa primeira praza nos cuartos de final.

Os cativos sonenses Raquel, Carlos, Anahí, Adriana e Clara saíron do estudo de radio contentos coa experiencia, aínda que non conseguiran vencer aos seus rivais. Todos os centros participantes no concurso gozarán proximamente dunha festa no Aquapark de Cerceda.

A vindeira semana tocaralle defender o título de campións do 2012 ao equipo do colexio Fogar de Carballo, que se medirá ao Sobrada de Tomiño.