Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Rianxo acolle a entrega dos Sereos

La Voz

BARBANZA

13 dic 2014 . Actualizado a las 05:09 h.

A asociación Barbantia vivirá hoxe un dos actos máis importantes dos que celebra ao longo de ano. O auditorio municipal de Rianxo será o escenario (12.30 horas) da cita cos premios Sereo 2014, con cuxa entrega se pechará unha xornada na que se presentará, nada menos, que o número cen do suplemento cultural A Voz de Barbantia. Tamén hoxe, verá a luz outra das publicacións da asociación cultural: o Anuario de Estudos do Barbanza 2014, que recompila interesantes traballos de colaboradores como Xerardo Agrafoxo, Esperanza Mariño ou José Antonio Vázquez.

O actor do grupo de teatro Airiños Xián Iglesias será o encargado de conducir un acto no que se agarda contar coa presenza do rexedor rianxeiro, do presidente da Deputación Provincial, dos directivos e socios de Barbantia e de representantes da cultura barbancesa.