Despedida literaria con Anxo Moure e Tina Ayaso

Ribeira / La Voz

BARBANZA

La Feira do Libro de Ribeira llega a su fin

26 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Praza do Concello de Ribeira • De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30 horas • Despois de tres xornadas cos postos instalados no corazón da cidade, as librarías Ler, Aenea, Arigató, Cartabón e Pedreira, así coma a editorial Planeta despídense de Ribeira. A segunda Feira do Libro chega ao seu fin. Pero antes de que os postos boten o peche, os veciños poderán sumarse a diferentes actividades. Unha delas, un campionato de xogo de cartas que, baixo o lema Ophiusa, a terra dos mil ríos, comezará ao mediodía. Está dirixido a persoas de tódalas idades.

Ás 19.00 horas será o escritor Anxo Moure o que desembarque na cidade para entreter aos pequenos lectores con Imos contar un conto. Logo collerá o relevo Tina Ayaso Costoya, que impartirá un obradoiro sobre cociña con algas e especias. O broche será, coma a apertura, musical. Correrá a cargo de Tahúme, que fará un pasarrúas desde o mercado.

A vindeira parada barbancesa da Feira do Libro será en Rianxo: do 21 ao 24 de xullo.