
O programa de actividades inclúe unha sesión de contos con Alicia Padín (12.00) e o espectáculo As parábolas de Pakolas
23 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Praza do Concello de Ribeira • De 12.00 a 14.00 e de 18.00 e as 22.00 horas • A Feira do Libro de Ribeira segue a concederlle relevancia aos escritores locais. Hoxe serán Carlos Callón e Carlos Lixó os que, ás 20.30, falen dos seus últimos volumes e participen nun coloquio que será moderado por Manuel Cartea, presidente de Barbantia.
O programa de actividades que servirán de complemento ás casetas que están instaladas na Praza do Concello inclúe tamén unha sesión de contos con Alicia Padín (12.00) e o espectáculo As parábolas de Pakolas (19.00). As escritoras Maite Mosconi e Rocío López desembarcarán na feira para asinar exemplares. A xornada culminará coa presentación de Galeguia, de Manuel Miragaia.