Carlos Lorenzo estará o venres en Boiro para presentar o documental Vértice de versos
23 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Venres • Centro social de Boiro • 20.30 horas • A cita mensual de Barbantia chega con novidades. A asociación pásase nesta ocasión ao eido audiovisual para presentar o documental Vértice de versos. É unha longametraxe na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. Neste traballo participaron críticos, editores e o propio colectivo de escritores, que explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo achegan a súa visión nesta produción.
O director deste documental, Carlos Lorenzo, estará o venres en Boiro para presentar o traballo. Xunto a el intervirán Milagros Torrado, secretaria de Barbantia; Alberto García, director do centro social boirense; e Juan José Dieste, rexedor local. O acto coincide coa publicación do número 138 do suplemento A Voz de Barbantia.