A exposición será inaugurada este vernes e permanecerá a disposición do público, no Lustres Rivas, ata o vindeiro día 26
06 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Venres • Centro cultural Lustres Rivas (Ribeira) • 21.00 horas • O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro é unha exposición promovida pola Deputación da Coruña co fin de conmemorar as catro décadas da Carta Magna. Nela, o debuxante ferrolán fai unha viaxe, a través de 117 ilustracións que foron publicada en La Voz de Galicia, pola época da Transición. A colección desembarcará este venres no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira, onde permanecerá a disposición do público ata o vindeiro día 26.
O rei Xoán Carlos, Santiago Carrillo, Adolfo Suárez, Manuel Fraga ou Xerardo Fernández Albor son algunhas das históricas personalidades retratadas baixo a particular mirada de Siro López nesta serie, para trazar un percorrido que comeza coa morte de Franco e remata coa vitoria de Felipe González nas eleccións de 1982.
Ese relato do debuxante articúlase en 117 debuxos reproducidos en formato A3 e acompañados de textos explicativos, que forman parte dunha serie de máis de 200 viñetas que La Voz de Galicia publicou baixo o título A transición en imaxes. A exposición estará percorrendo as diversas localidades de Galicia ata febreiro do 2019, cando fará a súa derradeira parada en Ferrol.
Ao longo da súa estadía en Ribeira, a colección poderá ser visitada de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e entre as 19.00 e as 21.00 horas. O Lustres Rivas tamén abre os sábados Mantén o horario de tarde e retrasa a apertura de mañá ás 11.00.