Máis empatías

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Imagen del castro de Baroña, uno de los enclaves arqueológicos más visitados de la comarca
Imagen del castro de Baroña, uno de los enclaves arqueológicos más visitados de la comarca MARCOS CREO

«Cando hai miles de anos crearon os castros fixérono cunha básica planificación urbana, que pretendía dar resposta á defensa dos visitantes -non ben recibidos- e do clima galego, que tampouco é suave»

12 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

que agora se chama «empatía territorial», baseado na toma de decisións en materia de infraestruturas e urbanismo, é en Galicia un modelo clásico, o de case toda a vida. Cando hai miles de anos crearon os castros fixérono cunha básica planificación urbana, que pretendía dar resposta á defensa dos visitantes -non ben recibidos- e do clima galego, que tampouco é suave. Agrupábanse en lugares altos para conseguir unha vixilancia privilexiada do territorio, pero facíano amoreando as construcións, con pequenos pasos entre elas, e de base circular ou elíptica para esquivar os ventos e as choivas.

Na construción das aldeas había máis coñecemento dos materiais e desapareceu a defensa de outros colectivos, pero agrupaban as casas para deixar a terras de labor os predios mellores, pero entre as casas pensaban espazos colectivos de mobilidade, de labor e espazos colectivos de socialización e relación, cubertos con emparrados que suavizaban o clima. Por tanto, de sempre foi un deseño urbanístico colectivo ata a creación dos municipios, onde xurdiu unha nova orde, unha nova xerarquía que foi impoñendo as normas dende o concello. Non atopo a relación directa -que talvez poida haber-, pero deixouse de crear espazos públicos rurais por parte dos colectivos, deixouse de deseñar dende a base.

Hoxe, co noso rural baleirado ou baleiro de xente, cómpre crear eses espazos, non dende o planeamento senón dende a negociación e estratexia rural, coa participación e implicación da cidadanía. Un rural sen relacións colectivas non é un rural, senón un suburbio das cidades.