Blíster

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Fotografía de archivo de unos jóvenes retirando plásticos en la playa de Barraña
Fotografía de archivo de unos jóvenes retirando plásticos en la playa de Barraña CARMELA QUEIJEIRO

«A ninguén sorprendemos se dicimos que unha bolsa de plástico tarda cinco xeracións en desfacerse e se o plástico é consistente, multiplícase de forma exponencial»

12 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A ninguén sorprendemos se dicimos que unha bolsa de plástico tarda cinco xeracións en desfacerse e se o plástico é consistente, multiplícase de forma exponencial. Dende que é de dominio público xorden voces que din que hai que reducilo, pero pouco avanzamos, porque aínda que nós sexamos conscientes, o mercado non o respecta. Moitos xa van á compra con carriño da casa, moitos levan bolsa comprada, pero moitos saen coa bolsa do súper, pagando un módico prezo, que non é motivo para rexeitala.

Con todo, se collemos froita ou legumes, métennolas en plásticos que non reutilizamos. Se miramos nos andeis, o 95 % dos produtos veñen en plásticos, e algúns incluso en dúas bolsas —pensemos unha bolsa de madalenas con envase individual—.

O caso é que cada vez que botamos ao colector a nosa bolsa de lixo —a diario incluso— vai chea de outras bolsas, moitas das cales é imposible volver a usar. Cando facemos unha festa, miles de persoas fan botellón deixando milleiros de bolsas ciscadas no chan. Agora descubrimos que embotellar en plástico pode ser canceríxeno.

O caso é que o plástico é un dos mellores inventos da humanidade, dende que no ano 1860 se utilizou para substituír o marfil nas bolas de billar nos Estados Unidos. Foi na contorna de 1960 cando se popularizou, e a súa actual xeneralización cáusanos un problema. É certo que xa hai mercados que fabrican outros produtos con plásticos reciclados, que á súa vez acabarán no lixo, pero o camiño debe pasar tamén por reducir, xa que o lema de o que contamina, paga xa non é un problema para nós.