«Taxe de séjour»

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

El hotel cuenta con una piscina con vistas al mar
El hotel cuenta con una piscina con vistas al mar

20 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

primeira vez que encontrei un concepto raro nas facturas dos hoteis e restaurantes foi hai máis de trinta anos en Francia: ao importe dos conceptos da carta de prezos sumábaselle —e súmase— un novo, a taxe de séjour, que aínda que era pequena, incrementa todas as facturas.

É o que hoxe está en debate nas cidades e vilas turísticas, incluso comunidades autónomas, a taxa turística, que só lle afecta aos que veñen de vacacións, aos turistas, e que argumentan os seus defensores con frases como a sustentabilidade, a promoción, o mantemento e a protección dos bens turísticos, e outras cousas máis.

Outras reflexións máis rigorosas apuntan a xustificacións máis concretas. Os turistas utilizan os servizos públicos (auga, sumidoiros, pavimentos urbanos, policía, limpeza urbana..) gratis, namentres os que viven todo o ano pagan impostos para cubrir eses servizos.

Cando o turismo se incrementa e masifica, multiplicando os habitantes, todo ese gasto multiplica os impostos dos que viven todo o ano, e mesmo poden ser insuficientes para poder cubrir razoablemente os servizos nos períodos de vacacións.

O problema vén sendo o mesmo que noutras áreas públicas, realmente van eses cartos para mellorar eses servizos, ou pola contra, destínanse a outros distintos? Podemos seguir caendo na mesma teima dos últimos anos: incrementar os impostos e taxas, moitas veces prescindibles. Igual o exceso de regulacións non mellora a vida das persoas. Taxas turísticas poden acabar en administracións turísticas, cando son pensadas para outros departamentos.