1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite, antes de durmir.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Evito best sellers e editoriais non independentes. Sigo algunhas bookstagramers que comparten os meus gustos, e tamén os clásicos.
3. Que che achega a lectura? Poder viaxar sen moverme do sofá, que me fagan pensar os porqués das cousas, vivir outras vidas...
4. Os seus libros favoritos. Cien años de soledad, 1984, a saga de Harry Potter e Nuestra parte de noche, de Mariana Enríquez.
5. Un xénero literario. A novela.
6. Un personaxe e un espazo literario. Elizabeth Bennet en Pride and prejudice, e Pemberley como espazo.
7. Que está a ler agora? El peligro de estar cuerda, de Rosa Montero, e Benito Cereno, de Melville.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Castelao e Noam Chomsky.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan seu lecer? O ioga, ver películas ou series, a música...
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. As vistas dende o miradoiro da Garita.