O noso David

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

14 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Omáis prestixioso premio que un arquitecto poida acadar desembarca en Galicia. Xa temos flirteado co Pritzker a través dos veciños Siza Vieira e Souto de Moura, polo que non nos soaba raro, pero este achegamento chéganos con David Chipperfield, galego de adopción e devoción.

Serviunos para dar a coñecer ao pobo galego un modo respectuoso de intervir no patrimonio e no urbanismo, un modelo silencioso pero contundente de construír no século correcto, de non caer nas trampas do historicismo imperante na sociedade.

Aproveitando esa teima galega de que o que vén de fóra é mellor, está sendo unha oportunidade única de levar a arquitectura ao pobo, de transmitir as correntes internacionais a quen non estudou arquitectura, a quen lle soa rara esta ciencia, tamén arte e oficio.

Estamos vendo estes días como hai moita xente que despreza ese gran traballo e mesmo se atreve a facer xuízos de valor sobre algo para o que non foi formado nin informado. Esa é unha materia pendente en Galicia, a de curtir as nosas mentes dende a nenez na transformación do territorio ao longo dos séculos,

Estamos no finisterrae de Europa e sempre chegamos tarde á modernidade, cando chegamos, porque algunhas tendencias arquitectónicas nunca chegaron a nós.

Din algúns que a súa casa de Corrubedo non se integra na contorna. Que contorna? Que criterios hai de integración no resto da vila? Se o único que se fai é estragar o que había.

Necesitamos grandes doses de humildade a aprendizaxe. Grazas David por guiarnos e parabéns.