A asociación Barbantia celebrará o vindeiro 26 a súa xuntanza anual en Rianxo

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Fará balance do 2023 e avanzará a programación deseñada para este novo ano

13 ene 2024 . Actualizado a las 18:53 h.

Co comezo do novo ano chega o momento de facer balance do que acaba de rematar e tamén de poñer enriba da mesa os propósitos para os vindeiros meses. Con este puntos na orde do día, a asociación Barbantia convocou unha asemblea ordinaria para o vindeiro día 26. Terá lugar ás 19.00 horas no auditorio de Rianxo.

A reunión, á que foron convidados todos os socios da entidade, comezará coa lectura da acta anterior, para pasar despois ao informe sobre o estado de contas e, se é procedente, á súa aprobación. Entre os temas a tratar figuran tamén informar aos asistentes da memoria das actividades levadas a cabo ao longo do 2023 e planificar a programación deste ano.

A directiva de Barbantia tamén ten previsto informar das subvencións solicitadas e das incorporacións aos libros de socios e de bens da entidade. Antes de dar por finalizado o encontro, os asistentes terán ocasión de expoñer os rogos e as preguntas que consideren oportunos.