Vibracións

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Tráfico intenso en la avenida Miguel Rodríguez Bautista, en Ribeira.
Tráfico intenso en la avenida Miguel Rodríguez Bautista, en Ribeira. CARMELA QUEIJEIRO

OPINIÓN | Escoitar os carros de carga dun supermercado no terceiro ou cuarto andar dun edificio é molesto, porque as vibracións do aparello sobre o pavimento transmítese varios pisos arriba pola estrutura

30 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa dos Coimbras é unha edificación histórica situada no centro da capital do Reino de Galicia, Braga. Unha parte dela está dedicada a restaurante e sala de exposicións, polo que podes comer algo arrodeado de arte. Non todo o que reloce é ouro, xa que os menús están elaborados previamente e métennos no microondas. Pero esa non é a maior eiva dun lugar emblemático. Cada vez que o autobús urbano pasa pola rúa, a vibración chega ata o propio prato, aínda que non todo o mundo o pode percibir, todo depende da sensibilidade dos comensais.

Hai cen anos probablemente non había bus urbano, pero tampouco estaba todo tan urbanizado. A causa desta transmisión de vibracións é o monolitismo co que se constrúen as rúas, que non deixan faixas de amortecemento entre a rúa e o propio edificio. Algo tan sinxelo e barato que parece obvio que se faga sempre. Algo tan simple que non se fai moitas veces.

Escoitar os carros de carga dun supermercado no terceiro ou cuarto andar dun edificio é molesto, porque as vibracións do aparello sobre o pavimento transmítese varios pisos arriba pola estrutura. Pero é o máis común, por aforrar catro pesos no illamento do pavimento respecto das columnas do edificio. Basta con colocar unha barreira amortecedora entre a placa de abaixo e o piso, tamén subila polos piares arriba uns centímetros. Sempre din os que veñen de Suíza que alí non pasan estas cousas, porque prefiren gastar os cartos en confort, cando aquí preferimos gastalos en elementos de aparencia, visibles e vistosos.

Será este o século da concienciación e do cambio?