
Durante o acto está previsto realizar una lectura poética da obra da escritora de Padrón
17 feb 2024 . Actualizado a las 18:00 h.O acto mensual que celebra a Asociación Cultural Barbantia coincidirá este mes co Día de Rosalía, unha data moi sinalada para a cultura galega que servirá para recordar á escritora de Padrón, xa que está previsto realizar unha lectura poética da súa obra. Ademais, tamén se aproveitará esta cita para presentar o libro Xa vemos as palmeiras, da escritora Ana Cabaleiro.
Ela será unha das convidadas do acto que se levará a cabo o venres, a partir das 20.30 horas, no pazo de Goiáns, e no que tamén intervirán Xesús Laíño e María Xesús Blanco, vocal e presidenta da Asociación Barbantia, respectivamente, así como María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro.
Ademais, ao día seguinte sairá publicado en La Voz de Galicia o número 192 do suplemento cultural A Voz de Barbantia correspondente ao mes de febreiro.